Galicia pecha o primeiro trimestre do ano sendo a 3ª comunidade con menor endebedamento por habitante de España

Cada galego debe 2.164 euros menos que a media autonómica

O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento

Ademais, Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial coa media das comunidades

Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento do volume de débeda desde o ano 2008

Con esta evolución, a Comunidade galega está en mellor situación para seguir loitando contra a pandemia e para impulsar a reactivación económica
 

Imaxes relacionadas