O director da Axencia Galega de Infraestruturas expón as actuacións da Xunta para o mantemento, conservación e posta en valor das pontes nas estradas autonómicas

A Coruña, 10 de xuño de 2021

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na mesa redonda “O deseño de pontes desde a administración”, na que expuxo as liñas de acción da Xunta para a execución, mantemento, conservación e posta en valor das pontes e obras de paso nas estradas de titularidade autonómica.
Esta mesa redonda tivo lugar no marco da xornada ‘Deseñar Pontes’, organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e por FHECOR, en colaboración coa Fundación Barrié.

Imaxes relacionadas