Política Social destina á Asociación Sarela máis de 400.000 euros para a atención diurna de persoas con dano cerebral

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá en Santiago a sede da entidade

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá en Santiago de Compostela o Centro de Día de Sarela, ao que este ano achegará máis de 413.000 euros para atención diúrna terapéutica para persoas con dano cerebral e para sufragar as prazas do centro de día. destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral, ao que a Xunta de Galicia achega.

Ademais de esta contía, na convocatoria do IRPF 2020-2022 a Federación Galega de Dano Cerebral recibiu máis de 448.000 euros, repartidos entre os diferentes programas que ten en marcha a entidade, como os dirixidos a mellorar o benestar físico e emocional, con máis de 50.400 euros; as relacións interpersoais, con outros 50.100 euros; a mobilidade e accesibilidade, con máis de 46.000 euros; e programas de apoio psicolóxico e de información, aos que se destinaron máis de 157.000 euros.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade salientou o traballo que realiza Sarela na achega de solucións para facer a vida máis doada ás persoas que sofren danos cerebrais e ás súas familias, ao tempo que invitou a continuar co traballo conxunto para mellorar a calidade de vida das mesmas. Tamén sinalou que a colaboración con esta entidade é unha mostra máis do obxectivo do Goberno autonómico de garantir a mellor das atencións ás galegas e galegos que padecen esta enfermidade.
 

Imaxes relacionadas