Antón Acevedo visita a residencia de Vila de Cruces para comprobar o protocolo de desescalada nos centros de maiores

Vila de Cruces (Pontevedra), 8 de xuño de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia municipal de Vila de Cruces para comprobar o funcionamento deste centro logo da pandemia provocada pola Covid-19. Alí, subliñou o esforzo e o labor indispensable dos traballadores dos centros residencias neste último ano.

Neste sentido, o director xeral de Atención Sociosanitaria salientou o estrito cumprimento dos protocolos sanitarios que conseguiron que neste centro residencial non houbera ningún caso positivo entre os seus usuarios.

Ademais, recordou o compromiso que a Xunta de Galicia ten con este centro residencial ao que achega máis de 190.000 euros para axudar a sufragar os custes de 16 prazas concertadas desta residencia. O centro acolle a 49 usuarios e ofrece direferentes servizos como o de enfermaría, odontoloxía, estimulación cognitiva, fisioterapia, psicoloxía ou ximnasio.

Imaxes relacionadas