A Xunta aposta por unha mobilidade sustentable para avanzar na transición ecolóxica

Nogueira de Ramuín (Ourense), 5 de xuño de 2021

O Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francico Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na demostración de vehículos alternativos realizada no marco da Xornada de mobilidade sostible na Ribeira Sacra realizada con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

A Xunta de Galicia aposta por unha mobilidade sustentable para avanzar na transición ecolóxica a través de liñas de axudas como o Plan Moves; con actuacións na propia Administración como o proxecto de fotovoltaica realizado en San Lázaro que incorporou, ademais, cinco puntos de recarga para vehículos eléctricos; ou coa inclusión de 32 iniciativas na candidatura galega dos fondos europeos Next Generation.
 

Imaxes relacionadas