A Xunta presenta á alcaldesa de Cangas as instalacións e o funcionamento do Centro de Emerxencias 112

A Estrada (Pontevedra), 4 de xuño de 2021

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, recibiu esta mañá á alcaldesa de Cangas, María Victoria Portas Mariño, xunto coa concelleira de Emprego e Persoal, Sagrario Martínez Ferrari, e o responsable de Protección Civil do municipio, Cesáreo Coya, para coñecer as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias CIAE 112 Galicia no concello da Estrada. Tamén participaron o subdirector xeral de Planificación e Protección e Civil, José Antonio Grandas e o xefe de Área do CIAE 112 Galicia, Diego Núñez.

Imaxes relacionadas