A Xunta destinou máis de 1,2 M€ a 189 restaurantes e cafeterías da comarca da Coruña para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego achega 11M€ a nivel autonómico para esta liña de axudas que permite adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

O programa, que inclúe anticipos pola metade do importe, ofrece apoios que poden acadar o 80% dos investimentos, ata un máximo de 20.000 euros

A Coruña, 4 de xuño de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o restaurante Samaná, un dos establecementos beneficiado pola orde de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a covid-19. Con este plan buscouse asegurar a cobertura do maior número posible de investimentos que están a realizar os establecementos no acondicionamento dos espazos exteriores e na posta en marcha do servizo de vendas a domicilio ou para levar.

Tal e como subliñou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, na comarca da Coruña concedéronse 189 axudas por un importe de máis de 1,2 millóns de euros, dunha convocatoria que cubriu o 80% do investimento. En Galicia o Goberno autonómico achegou 11 millóns de euros para esta orde de axudas que ampliou ata en dúas ocasións..

O programa ofreceu apoios directos a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, sendo a axuda mínima de 1200 euros e máxima de 20.000. Ademais, incluíu a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos gastos realizados.

Entre as características das solicitudes de apoios presentadas, destacou a dimensión dos proxectos de adecuación dos exteriores, xa que unha parte importante dos restaurantes e cafeterías solicitantes acometeron reformas substanciais nesa parte dos seus locais. As axudas facilitadas polo programa puideron destinarse a cubrir os gastos e investimentos realizados para instalar pechamentos estables ou elementos desmontables que sirvan de illamento ou protección, renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparatos calefactores nas terrazas, así como de mellora da fachada exterior dos establecementos.

En canto aos apoios destinados a sufragar os gastos de adquisición de elementos de envasado de comida e bebida para a entrega a domicilio ou a recollida no local, é de salientar a gran cantidade de solicitudes presentadas, o que indica que unha parte relevante dos establecementos hostaleiros da Comunidade incorporaron ou reforzaron este servizo entre as súas actividades.

 

CONCELLOS
AXUDAS
MOBILIZADO
MOB. PECHAMENTO
MOB. ADECUACIÓN
MOB. ENVASES
AXUDA

A CORUÑA

113
869.084€
429.097€
206.794€
233.193€
695.267,08 €
ABEGONDO
1
14.995€
8.505€
6.490€
--
11.996,00 €
ARTEIXO
7
54.064€
26.060€
18.670€
9.334€
43.251,40 €
BETANZOS
9
77.050€
50.164€
21.553€
5.333€
61.640,25 €
CAMBRE
4
30.063€
20.749€
6.909€
2.405€
24.050,67 €
CARRAL
1
5.167€
2.160€
3.007€
--
4.133,25 €
CULLEREDO
17
158.867€
88.217€
41.174€
29.476€
127.093,73 €
CURTIS
2
19.586€
19.586€
--
--
15.668,80 €
MESIA
2
8.816€
8.301€
515€
--
7.053,02 €
MIÑO
1
11.000€
-
7.000€
4.000€
8.800,00 €
OLEIROS
19
212.676€
116.749€
74.061€
21.866€
170.140,88 €
SADA
9
50.040€
24.528€
23.621€
1.891€
40.031,75 €
SOBRADO
3
19.259€
13.040€
386€
5.833€
15.407,59 €
VILASANTAR
1
11.146€
10.425€
721€
--
8.916,65 €
TOTAL
189
1.541.813€
    817.579€
410.901€
313.332€
1.233.451 €

Imaxes relacionadas