A Xunta salienta a infancia como unha etapa clave para incidir nas mensaxes que fomenten a tolerancia e a integración

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participaron hoxe nas xornadas de sensibilización en centros educativos organizadas pola Fundación Abrente no marco do proxecto Enki. Durante o acto destacaron a infancia como unha das etapas nas que se fai máis necesario incidir nas mensaxes que fomenten a tolerancia e a integración.

A actividade, que tivo lugar no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, consistiu na presentación dun mural realizado polas rapazas e rapaces no que se incluíron mensaxes de integración e sensibilización do alumnado con necesidades especiais. Os directores xerais puxeron, ademais, en valor o traballo realizado por esta entidade na inclusión das nenas e nenos en centros educativos.

Imaxes relacionadas