A Xunta destaca o labor do Laboratorio de Metroloxía de Galicia durante a súa visita á Tecnópole

San Cibrao das Viñas (Ourense), 31 de maio de 2021

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou este mediodía en San Cibrao das Viñas as instalacións do Laboratorio de Metroloxía de Galicia no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, onde destacou o labor que está levando a cabo.

O centro, pertencente á Xunta de Galicia, ten por obxectivo apoiar ao tecido industrial galego e ao sector público autonómico, a través dunha serie de servizos tecnolóxicos, entre os que se atopan as calibracións, medicións, ensaios sobre contadores ou o control metrolóxico de distintas familias de instrumentos de medida.
 

Imaxes relacionadas