A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela asinan o novo convenio para a vixilancia das carrachas transmisoras de enfermidades

Este acordo amplía a cobertura da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVI-VEC) que iniciou co control de mosquitos en 2017 e que incorporou o de carrachas en 2018

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2021

As Consellerías de Sanidade e Medio Rural veñen de asinar o convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a vixilancia das carrachas como vectores de enfermidade humana e animal.

En concreto, trátase da manter e ampliar a actual Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC), que, dende hai tres anos, traballa na detección da presenza de carrachas transmisoras de enfermidades como a febre exantemática mediterránea, a enfermidade de Lyme, ou, menos frecuentemente no noso medio, a febre hemorráxica de Crimea- Congo.

Datos recentes indican que, en Europa, determinadas especies de carrachas están a ex-pandirse cara ao norte en latitude e que se atopan cada vez en altitudes máis elevadas.

A sinatura deste convenio permitirá monitorizar as especies de carrachas presentes no noso territorio, a infestación das mesmas por determinados microorganismos de inte-rese sanitario e a súa distribución xeográfica, sendo estes aspectos necesarios para po-der deseñar intervencións que permitan a prevención das enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia.

Este convenio tamén ten por obxectivos, por un lado, o desenvolvemento dunha páxi-na web interactiva para consultar a presenza das diferentes especies de vectores e in-formar á poboación sobre os riscos que supoñen e, por outro, a promoción dun plan de control entre todas as administracións implicadas en caso de que se detecte algún pro-blema concreto para a poboación. Esta rede complétase coa vixilancia das enfermida-des de transmisión vectorial máis frecuentes no noso medio.

Ata o de agora, a rede permitiu determinar un patrón norte-sur das diferentes especies de carrachas, o que explica a maior presenza de casos de enfermidade de Lyme na zo-na nor-oriental da provincia de Lugo e na do norte da Coruña, así como a detección de febre exantemática mediterránea no sur de Galicia. Mais este patrón pode cambiar, polo que é conveniente seguir a investigar esta liña.

No ano 2019 atopáronse mais de 2.200 exemplares de carrachas en diferentes estadios (ninfas e adultos). Deles 288 foron atopados no medio ambiente e o resto en hospedei-ros fundamentalmente animais pero tamén en humanos. No caso dos humanos os cen-tros de saúde colaboradores enviaron 233 exemplares de carrachas que retiraron de pacientes. As especies atopadas dependen da época do ano así como do medio e do hospedeiro (animal ou persoa). No caso das persoas as especies enviadas polos cen-tros de saúde foron Rhipicephalus sanguineus, Ixodes ricinus, Dermacentor reticulatus e Dermacentor marginatus.

A Dirección Xeral de Saúde Pública quere agradecer especialmente a colaboración coa REGAVIVEC dos centros de saúde, clínicas veterinarias, particulares, etc, xa que isto permite completar os datos da rede e mellorar a información que se proporciona á po-boación dentro da liña da prevención das enfermidades transmitidas por vectores.

Máis información na páxina da Dirección Xeral de Saúde Pública
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Enfermidades-transmitidas-por-vectores