A Xunta destaca o voluntariado e a participación como método para transformar e mellorar a sociedade

Ames (A Coruña), 28 de maio de 2021.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á I Feira de Voluntariado ‘Participar para Transformar’, que ten lugar entre este venres e sábado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Alí destacou que o voluntariado e a participación son métodos imprescindibles para transformar e mellorar a sociedade.

A directora xeral felicitou aos organizadores por esta iniciativa na que participan os Concellos de Ames, Brión, Vedra e Negreira. Sinalou que a través deste tipo de accións ponse en contacto a aquelas persoas comprometidas e con ganas de cambiar as cousas. Ademais, os participantes poderán asistir a obradoiros e concertos que forman parte do cartel desta actividade.

Imaxes relacionadas