A directora de Turismo de Galicia participa na presentación do Campionato de España ILCA Láser Master de Vela

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación oficial do Campionato de España Máster da Clase Internacional Laser (ILCA) que se celebrará na ría de Muros Noia do 3 ao 6 de xuño. Castro destacou que estas citas supoñen unha oportunidade para que Galicia siga posicionándose como destino turístico-deportivo para acoller citas deportivas internacionais como a que acolle o Real Club Nacional de Portosín, unha cita nacional que traerá a Galicia regatistas de primeiro nivel tanto veteranos como das novas xeracións.

Imaxes relacionadas