O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Tomé, no concello ourensán de Cartelle

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do Acordo de concentración parcelaria da zona de San Tomé, no concello ourensán de Cartelle, que afecta a unha superficie de 1.636 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 26.554 parcelas de 1.130 propietarios en 3.075 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento superior aos catro millóns de euros por parte da Xunta.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.


Pódese consultar o anuncio no seguinte enlace do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210527/AnuncioG0426-100521-0006_gl.html