A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta tarde a sede desta entidade situada no barrio de Teis, en Vigo

A Xunta colabora coa asociación Xaruma na posta en marcha de programas de respiro familiar cun financiamento de 43.000 €

Irá destinado a reforzar o piso habilitado para estadías de varios días e programas de acompañamento

Vigo, 26 de maio de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta tarde a sede de Xaruma para coñecer os programas de respiro familiar que alí realizan e cos que a Xunta colabora a través da orde de axudas con cargo á casilla social do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) con 43.000 euros. A conselleira puxo en valor o traballo realizado por esta entidade centrado na estimulación cognitiva dos usuarios.

Entre as actividades que alí realizan atópanse programas de informática, obradoiros de estampado, xardinería ou reciclaxe. Un completo programa que achega a ducias de persoas con problemas mentais a posibilidade de gañar en autonomía, manter unha vida activa e percibir a súa importancia como membros da sociedade.

O Goberno galego axuda a que esta entidade reforme o piso que Xaruma ten habilitado para realizar actividades de respiro familiar e a programas de acompañamento. Fabiola García sinalou que gracias ao traballo destes profesionais a Xunta está do lado das persoas que precisan axuda e Galicia é un lugar máis agradable para vivir.

Imaxes relacionadas