Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos

Outros cinco municipios galegos quedarán no nivel alto de restricións

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

Imaxes relacionadas