A Xunta traslada á OCDE as medidas impulsadas desde Galicia para facer fronte ao reto demográfico

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta tarde por videoconferencia nunha reunión coa Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos (OCDE) na que trasladou as medidas impulsadas desde Galicia para facer fronte ao reto demográfico.

Este encontro responde á solicitude realizada polas Comunidades Autónomas de Galicia, Cantabria, Castela e León e Asturias para recompilar datos e intercambiar experiencias sobre as mellores prácticas na elaboración de políticas para o cambio demográfico. Nestes primeiros encontros buscarase examinar os primeiros cambios demográficos para estudar un mellor plan espacial e provisión de servizos.