Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a segunda Comunidade que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago en Galicia foi de 13,15 días, a metade que media autonómica

A débeda comercial da Administración galega foi tamén a segunda máis baixa de España
 

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, cun período medio de pago de 13,15 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda.
Ao peche do mes de marzo, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi case a metade que o da media de comunidades autónomas (26,26 días); e situouse case 17 días por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España, despois de Murcia (0,04%). A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,11%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,25%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 2.981,3 millóns de euros, dos que 66,3 millóns –o 2,2%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Hacienda volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Período Medio de Pago – Marzo de 2021 (*CCAA réxime foral)
Murcia
4,11
 
Valencia
     23,04
Galicia
13,15
MEDIA CCAA
26,26
Andalucía
17,02
La Rioja
26,50
Canarias
17,74
Navarra*
27,91

País Vasco*

19,04
Asturias
29,16
Cantabria
19,16
Baleares
30,55
Extremadura
20,15

Castilla y León

31,04
Madrid
22,18
Cataluña
37,94

Castilla-La Mancha

22,83
Aragón
39,71

Imaxes relacionadas