Arias destaca o “Fito” do lucense Héctor Salvador, o primeiro español en descender á Foxa das Marianas

Lugo, 24 de maio de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro co enxeñeiro aeronáutico lucense Héctor Salvador, quen vén de converterse no primeiro español en descender a un dos lugares máis fondos do mundo, a foxa das Marianas. Baixou ao abismo da Serea, a 10.706 metros de profundidade, a bordo dun submarino que el mesmo contribuíu a desenvolver.

Arias felicitou a Salvador, de 37 anos, e salientou que a misión na que acaba de participar representa “un fito para a ciencia e tamén para a provincia de Lugo, xa que a súa traxectoria é un exemplo de talento e formación que destaca a nivel mundial en ámbitos de enorme competencia e cualificación”. De feito, o delegado resaltou o importante papel que xogou o enxeñeiro lucense no deseño do batiscafo que descendeu ás profundidades mariñas e puxo en valor o seu talento para impulsar esta industria en España.

Imaxes relacionadas