A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá a sede desta entidade situada na cidade de Ourense

A Xunta renova o programa psicolóxico coa Fundación Neuroburgas para atender a familias de nenos con dano neurolóxico

A Xunta colabora nesta iniciativa que ofrece asesoramento, apoio e acompañamento

Ourense, 24 de maio de 2021

A Xunta renovou o programa de apoio psicolóxico coa Fundación Neuroburgas para atender a familias de nenos con dano neurolóxico da provincia de Ourense. Así o anunciou esta mañá a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante unha visita as súas instalacións na que agradeceu aos seus profesionais o traballo que realizan de asesoramento, apoio e acompañamento.

A conselleira sinalou que Neuroburgas pon á disposición das familias todo tipo de servizos como terapia acuática, fisioterapia e logopedia que permiten que os usuarios gañen en autonomía e as familias saiban cales son as opcións e recursos ao seu alcance. Un traballo que converte a esta entidade, sinalou, nun aliado fundamental do Goberno galego para chegar a todas as familias que precisan de axuda.

Fabiola García puxo en valor o apoio emocional que ofrece este programa de atención psicolóxica para resolver dúbidas ou poñer en contacto ás familias que teñen unha nena ou neno con dano neurolóxico.

Imaxes relacionadas