A Xunta licitará por case 100.000 euros a redacción dos proxectos de urbanización do parque empresarial de Pontecesures

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021

A Xunta de Galicia investirá preto de 100.000 euros na redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial de Pontecesures (Pontevedra), así como do Proxecto de Interese Autonómico (PIA).

O Consello de administración da sociedade pública Xestur Galicia vén de aprobar esta contratación pública, que se formalizará nos próximos días por un importe de 99.730 euros e un prazo de execución de trece meses.

O parque empresarial de Pontecesures terá unha superficie total de arredor de 304.000 m2, dos que máis de 182.000 m2 se corresponden coas -aproximadamente- 21 parcelas de usos industrial e comercial nas que quedará dividido.