A Xunta aposta pola reactivación do sector das feiras coa presentación de Turexpo 2021 en Fitur

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que ademais este ano a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, chega á súa 43ª edición

Esta Feira multisectorial é a maior de mostras e lecer no noroeste peninsular, sendo un importante punto de interese turístico pola gran cantidade de sectores que engloba e o seu completo programa de actividades

No seu marco lévanse a cabo o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia), a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca)

Madrid, 20 de maio de 2021

A Xunta aposta pola reactivación do sector das feiras na presentación de Turexpo 2021 esta tarde e Fitur, onde o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, asistiron á presentación de Turexpo Galicia 2021

Alfonso Rueda indicou que este ano e emblemática Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, chega á súa 43ª edición. É a maior feira multisectorial de mostras de lecer do noroeste peninsular, sendo un importante punto de interese turístico pola gran cantidade de sectores que engloba e o seu completo programa de actividades. No seu recinto lévanse a cabo o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia), a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca)

Este ano Turexpo Galicia terá lugar do 3 ao 5 de setembro coincidindo co seu 10º aniversario e segundo indicou Alfonso Rueda, “Turexpo Galicia converterase nunha oportunidade para reactivar o sector turístico, tanto a través da súa área expositiva como do seu programa de actividades”

Cabe destacar que a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), supón dentro de Turexpo un espazo de promoción dos municipios nos que se celebran devanditos eventos. No 2019 estiveron presentes 46 festas de interese turístico e o seu encontro de blogueiros turístico tivo 17 participantes.

O noso reto é seguir reforzando a imaxe de que Galicia é un destino seguro. Coa posta en marcha do seguro coronavirus, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, o obxectivo é que os viaxeiros que se acheguen á nosa comunidade se sintan seguros coa cobertura dos seus gastos sanitarios, de aloxamento ou transporte ante un posible contaxio.

O seguro coronavirus, busca tamén a recuperación do sector turístico e súa posta en marcha é tamén unha medida de apoio ás axencias de viaxes e ás empresas do sector, que poderán ofertar Galicia como destino seguro aos seus clientes.


Ademais, temos en marcha iniciativas de fomento do consumo interno como a Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia, que tivo unha gran acollida ao esgotarse as tarxetas en só 12 horas, xunto coa reactivación do programa Elixe Galicia. Entre ambas iniciativas a Xunta prevé inxectar 10 millóns de euros no sector turístico para axudarlle na súa reactivación.

Imaxes relacionadas