A Xunta oferta 1.652 prazas en 10 campamentos de verán na provincia da Coruña

A proposta de actividades inclúe tamén 12 campos de voluntariado con 108 prazas para mozos de entre 18 e 30 anos

Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse 15 prazas para persoas con discapacidade no Albergue Xuvenil de Gandarío

Manterase o protocolo específico ante a covid-19 no que se recollen medidas como a redución do aforo, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénico sanitarias

A Coruña, 20 de maio de 2021

A Xunta abre o prazo hoxe para a solicitude das 1.652 prazas dispoñibles na provincia da Coruña para participar nos 10 campamentos, para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, da campaña de verán para este 2021 e desde onte pódense solicitar tamén algunha das 108 prazas dispoñibles para os 12 campos de voluntariado que se celebrarán na Coruña.

O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro, ponse en marcha baixo o lema “O verán que mereces”. O Goberno galego manterá as bases do protocolo específico fixado o ano pasado para os campamentos de verán. Deste xeito, continuarase a implantar medidas como a redución do aforo, a incorporación gradual das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.

Campamentos de verán

O prazo de solicitude será de sete días hábiles no caso dos campamentos a partir de hoxe. As familias numerosas e monoparentais terán un desconto do 50%, e as persoas usuarias do Carné Xove gozarán dunha rebaixa do 25%. As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía telemática a través da Sede Electrónica. Na páxina de Xuventude hai dispoñible máis información ao respecto.

Campos de voluntariado

Para os campos de voluntariado celebrados en Galicia, o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada campo. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias, a primeira delas remata o día 21 de maio ás 14.00 horas. A segunda convocatoria abrirase o 1 de xuño e permanecerá aberta ata cinco días antes do inicio do campo.

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña e cada persoa solicitante debe escoller, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción.

Novidades

Este ano á campaña de verán incorpórase unha noca instalación de campamentos na provincia en Cabana de Bergantiños e recupérase o programa de intercambio bilaterais que se suspendera o ano pasado por mor da pandemia.

 

CONCELLO
CAMPAMENTO DE VERÁN

COMARCA CORUÑA

 
 
SADA

Aventura nas Mariñas

(Albergue Xuvenil Marina Española)

BERGONDO

Actividades no mar

Creando o meu Videoxogo

A vista de páxaro: Drons

Adestrando ao meu robot

(Albergue Xuvenil Gandarío)

VILASANTAR

Saborea a vida no rural

(Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar)

SOBRADO DOS MONXES

A aldea perdida

(Granxa Zoo de Grixalba)

COMARCA BARBANZA

 
 
PORTO DO SON

Natureza xunto ao mar

(Campamento Xuvenil Virxe de Loreto)

BOIRO
Candilexas

(Campamento Xuvenil Espiñeira)

COMARCA SANTIAGO

 
 
MELIDE

Natureza no Camiño

(Campamento Xuvenil Furelos)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O sabor do verán

(Centro Superior de Hostalería de Galicia)

COMARCA BERGANTIÑOS COSTA DA MORTE

 
 

CABANA DE BERGANTIÑOS

Campamento de Aventuras

(Albergue municipal)

PONTECESO

Un país para pintores e poetas

Isidro Parga Pondal, ciencia y cultura

(Aldeo do Couto)

 

CONCELLO
CAMPOS DE VOLUNTARIADO
 COMARCA CORUÑA
 
 
COIRÓS

Monte da Espenuca

(Medioambiental)
CURTIS

Camiños e Patrimonio Cultural

(Arqueoloxía)

SOBRADO DOS MONXES

A Ciadella coa Consellería de Cultura. Educación e Universidade

(Arqueoloxía)

COMARCA BARBANZA

 
 
SERRA DE OUTES

Lembrado a nosa pegada

(Patrimonial e Sociocultural)

RIBEIRA

Dunas de Corrubedo

(Medioambiental)

BOIRO
Amicos

(Medioambiental e social)

COMARCA DE SANTIAGO

 
 
BOQUEIXÓN

Camiño Cara a Natureza

(Medioambiental e etnográfico)

 
ROIS

Castro do Lupario

(Arqueoloxía)

BOIMORTO

Luces de Boimorto

(Festival e arqueolóxico)

COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA MORTE

 
 
A LARACHA

Castro de Montes Claros

(Medioambiental e arqueolóxico)

PONTECESO

Ali, xaz

(Medioambiental e etnográfico)

COMARCA FERROL

 
 
AS PONTES

Vilarbó

(Medioambiental)