A Xunta lembra que a integración das persoas con discapacidade require da implicación de toda a sociedade

Teo (A Coruña), 19 de maio de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá ao acto de presentación da guía de atención ao cliente con discapacidade visual da cadea de supermercados Eroski. Alí salientou a necesidade de que toda a sociedade se implique na integración das persoas con discapacidade.

Esta iniciativa está integrada no proxecto Eroski Inclusive, un espazo de iniciativas promovidas polo grupo empresarial e dirixidas a persoas con discapacidade cuxo obxectivo é proporcionarlles unha vida máis autónoma. González Abeijón agradeceulles o seu compromiso na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria, e animounos a seguir facendo de Galicia un mellor lugar para vivir.
 

Imaxes relacionadas