Xunta e Universidade de Vigo asinan un convenio de colaboración para desenvolver actividades da Cátedra Institucional de Finanzas Autonómicas

Estas actividades mellorarán o coñecemento do funcionamento financeiro das autonomías

A cátedra permitirá desenvolver cursos, xornadas ou conferencias nesta materia

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, e o reitor da Universidade de Vigo (UVIGO), Manuel Joaquín Reigosa, asinaron hoxe un convenio de colaboración para desenvolver actividades da Cátedra Institucional de Finanzas Autonómicas co fin de mellorar o coñecemento do funcionamento financeiro das autonomías.

Entre as actividades que permitirá levar a cabo esta Cátedra están a organización de cursos, xornadas, conferencias, seminarios, ou a difusión de estudos sobre financiamento autonómico para que sexan coñecidos polos distintos sectores da sociedade.

O obxectivo da Consellería de Facenda e Administración Pública é o de fomentar e promocionar todas aquelas actividades que estuden, analicen e investiguen sobre o financiamento autonómico e a economía pública. Pola súa banda, a Universidade de Vigo desenvolverá diversas liñas de investigación no ámbito da economía e das finanzas públicas autonómicas.

Imaxes relacionadas