O ciclo de exposición 'Retratos: Familia e Infancia' inaugura unha nova mostra da man da Fundación Meniños

A Coruña, 12 de maio de 2021

A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada na Fundación Meniños que cada ano atende a máis de 1.000 nenos dunhas 800 familias a través dos programas de intervención familiar. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado pola directora da entidade, Mónica Permuy, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano.

O director xeral salientou o importante traballo que realiza a Fundación Meniños na protección dos nenos e adolescentes, así como na atención prenatal e perinatal, de apoio a nais en situación de vulnerabilidade.

A Consellería de Política Social destina 766.389 euros a esta entidade, que ten entre os seus obxectivos a xestión dos puntos de encontro familiar, centros nos que busca axudar a normalizar as situacións de separacións, e dos réximes ou programas que posibilitan que os nenos que viven de forma temporal en centros de protección poidan volver coas súas familias de forma segura.

Imaxes relacionadas