A Xunta participa na presentación do novo libro infantil 'Celi no Camiño de Santiago', de Pere Tobaruela

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na presentación do novo libro infantil Celi no Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela. O compostelán Centro Comercial As Cancelas, coa colaboración da Xunta de Galicia, celebra con el o Día das Letras Galegas e fai partícipe da efeméride a cativada asociada ao coñecido Club de Celi, que conta xa con máis de 20.000 socios que participan nas iniciativas infantís organizadas no espazo comercial. A obra pon en valor o Camiño de Santiago e a cidade do Apóstolo narrando a peregrinaxe de Celi polo Camiño Francés ata Compostela.

Imaxes relacionadas