A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou cos reitores das catro universidades os convenios de colaboración

A Xunta incrementa un 12% a achega para que as universidades galegas e a UNED organicen programas para os maiores

Destinará 130.000 euros a que as institucións académicas reforcen as actividades destinadas ás zonas rurais

Cada ano máis de 3000 persoas maiores participan nestes cursos, tanto nos que se dá título acreditativo como nos programas itinerantes de charlas, conferencias e visitas guiadas
 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta mañá un incremento dun 12% na achega da Xunta de Galicia para que as Universidades de Galicia e a UNED organicen programas para maiores. Na sinatura do convenio, á que asistiron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz; da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger; e o director do centro asociado UNED da A Coruña, Germán Carro Fernández, a titular do departamento autonómico adiantou que o importe destes convenios pasará dos 115.000 euros anuais a 130.000, unha suba que permitirá reforzar os programas que facilitan o acceso dos veciños das zonas rurais a estas actividades.

Entre os programas de envellecemento activo impulsados pola Xunta máis demandados atópanse os cursos destinados aos maiores nas universidades de Galicia. A conselleira de Política Social lembrou, neste sentido, que o obxectivo destas iniciativas é mellorar a autoestima, axudar a exercitar a memoria, e coñecer e relacionarse con xente nova.

Cada ano máis de 3000 persoas maiores participan nestes cursos, tanto nos que proporcionan unha formación máis regrada que permite acceder a un título acreditativo, como nos programas itinerantes de conferencias, charlas e visitas guiadas, o que serve de indicador da boa acollida que teñen entre a poboación á que van dirixidos.

Reto común

Fabiola García salientou, así mesmo, que neste momento a sociedade afronta un reto de especial transcendencia no século XXI, o de combater a soidade non desexada entre os maiores, polo que iniciativas como esta de envellecemento activo “teñen un valor incalculable”.

Ademais, puxo en valor a xenerosidade que as persoas maiores demostraron durante este ano de pandemia e recordou que “non son só o piar que sostén a Galicia hoxe, senón que teñen tamén un importante papel na Galicia de mañá”. Por esta mesma razón, destacou que a Xunta e as universidades seguirán a colaborar para conseguir

Imaxes relacionadas