A Xunta reforza a súa colaboración cos enxeñeiros de montes en eidos como o Plan Forestal ou a Lei de recuperación da terra agraria

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, recibiu hoxe no seu despacho de San Lázaro á nova directiva do Colexio de Enxeñeiros de Montes en Galicia. Na xuntanza abordaron as principais demandas e preocupacións deste colectivo profesional.

O encontro serviu para reforzar a colaboración no desenvolvemento das diferentes liñas de actuación contempladas no Plan Forestal, así como na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Ademais, avanzouse noutras materias de interese, como poden ser a xestión forestal sustentable ou a cooperación cara o novo período de aplicación da PAC, no que atinxe ao eido da silvicultura.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural