Jacobo Rey asiste á representación da obra “Gotas de vida” realizada por nenos do Fopia de Teo para recadar fondos para Mozambique

Teo (A Coruña), 7 de maio de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta tarde á representación da obra Gotas de vida que levaron a cabo nenas e nenos do Fopia (Foro de participación da infancia e adolescencia) de Teo para recadar fondos para enviar a Mozambique. A obra que levaron ao escenario os alumnos de entre 11 e 15 anos dos CEIPs da Ramallosa e dos Tilos e do IES de Cacheiras foi guionizada por eles mesmos coa colaboración co grupo de teatro Chévere, e busca chamar a atención da xestión que se fai deste recurso tan prezado no Sur e no Norte.