A celebración do décimo aniversario da Biblioteca de Galicia incorpora algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

A Xunta de Galicia incorpora aos actos conmemorativos do décimo aniversario da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura a algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes que ao longo de catro encontros compartirán cos asistentes as súas habilidades, traballos e experiencias. A actividade, inaugurada hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, contou na súa primeira sesión coa participación de Xosé Tomás, que ten ilustrado máis de cincuenta títulos de literatura infantil e xuvenil, así como banda deseñada, cartelismo, humor gráfico ou materiais educativos multimedia

Tras Xosé Tomás, pasarán polo Auditorio Neira Vilas Laura Romero & Iria Ribadomar, que o vindeiro venres 14 de maio interpretarán a Lolita Díaz Baliño; David Pintor & Alberto Guitián, o día 21, e Miguelanxo Prado, que clausurará esta actividade o venres 28 de maio. Todas as citas terán lugar ás 19,00 horas con entrada de balde e poderán seguirse por streaming na canle de YouTube da Cidade da Cultura.

Imaxes relacionadas