Miranda analiza co Xacobeo e as entidades galegas de Madrid as iniciativas para potenciar o Camiño de Santiago do Ano Santo

Santiago de Compostela, 07 de maio de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e cos representantes das entidades e centros galegos de Madrid.

O obxectivo desta reunión telemática foi analizar as diferentes iniciativas culturales que, en conxunto, están a preparar para a potenciación do Camiño de Santiago durante este Ano Santo, 2021 e 2022, de cara a que participe o maior número de galegos do exterior.

Imaxes relacionadas