O titular do Goberno galego asistiu á inauguración da exposición Corpos Presentes da colección de arte da Fundación María José Jove

Feijóo enxalza a capacidade de Galicia para avanzar como fixo nos últimos 40 anos inspirada na súa tradición como camiño e destino

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a capacidade de Galicia para avanzar como fixo nos últimos 40 anos, inspirada na súa tradición como camiño e destino.

“Cumprimos corenta anos de autogoberno nos que a sociedade que habitamos mudou, cambiou para mellorar, porque o movemento é camiño, avance. Progresamos porque non somos unha sociedade estática”, recordou, incidindo en que na estela dese movemento imparable os galegos atopamos a historia dos nosos, “dos que nos trouxeron ata aquí”.

Durante a inauguración da exposición Corpos Presentes da colección de arte da Fundación María José Jove, Feijóo subliñou que esta mostra propón una “peregrinación” que transita pola obra de Castelao, Salvador Dalí ou Tapiès.

“Na trintena de pezas de pintura, escultura e técnicas mixtas atopamos unha analoxía entre transitar polo itinerario que nos propón esta exposición e a experiencia do camiñante”, dixo, aseverando que esta relación reálzase polo propio emprazamento da mostra -a Igrexa da Universidade e o Pazo de Fonseca-, e o momento que vivimos, o Xacobeo 2021-2022.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta agradeceu o compromiso e o traballo da Universidade de Santiago, organizadora da mostra; da comisaria Susana González; e da Fundación María José Jove, unha entidade cunha destacada vocación pola sociedade galega que transcende o artístico, como proba tamén as súas iniciativas a prol da infancia e da inclusión social.

Imaxes relacionadas