A Xunta gaba a implicación das mozas e mozos que forman parte dos Consellos de Participación Infantil e Adolescentes de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, gabou a implicación das mozas e mozos que forman parte dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente de Galicia. Así o manifestou durante a súa intervención nun encontro online organizado por UNICEF no que tivo a oportunidade de coñecer o traballo que realizan desde estas entidades locais.

Jacobo Rey sinalou que o Goberno galego avanzará no compromiso de crear un Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente que sirva de espazo autonómico no que os diferentes organismos locais poidan compartir experiencias, propostas e iniciativas. Así mesmo, o director xeral tamén puido conversar con eles para saber cales son as súas principais inquedanzas e intereses logo da pandemia da covid-19.

Imaxes relacionadas