Coñece todas as recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia no teu concello

O Instituto de Estudos do Territorio (IET) quere facilitar á cidadanía o acceso a información complementaria que lle poida servir de axuda á hora de optar ás novas subvencións para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, convocadas no DOG o pasado 13 de abril.

Con este fin, achéganse a continuación todos os enlaces para poder consultar e acceder, a través da web do IET, á Guía de cor e materiais de Galicia, concibida no ano 2017 como unha ferramenta para a loita contra o feísmo e a promoción dunha ordenación urbana coherente e harmoniosa, así como aos tomos correspondentes a cada unha das 12 grandes áreas paisaxísticas nas que se divide a Comunidade.

GUÍA DE COR E MATERIAIS DE GALICIA

Preme aquí para consultar a Guía de cor e materiais de Galicia completa.

Aquí podes coñecer o tomo de referencia correspondente á área paisaxística na que estea localizado o teu concello:

Tomo I: SERRAS ORIENTAIS
Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Tomo II: SERRAS SURORIENTAIS
Carballeda de Valdeorras, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Manzaneda, A Mezquita, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Veiga, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Tomo III: CHAIRAS E FOSAS LUGUESAS
Abadín, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Chantada, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, A Pobra do Brollón, Portomarín, Rábade, Sarria, Taboada, Vilalba e Baralla.

Tomo IV: CHAIRAS, FOSAS E SERRAS OURENSÁS
Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Cartelle, Celanova, Cualedro, Entrimo, Esgos, Xinzo de Limia, Gomesende, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Laza, Lobeira, Lobios, Maceda, A Merca, Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Porqueira, Pontedeva, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio e Vilar de Santos.

Tomo V: RIBEIRAS ENCAIXADAS DO MIÑO E DO SIL
Pantón, Paradela, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Amoeiro, A Arnoia, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Coles, Larouco, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Punxín, Ribadavia, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela, A Teixeira, Toén, Vilamarín e Vilamartín de Valdeorras.

Tomo VI: COSTA SUR – BAIXO MIÑO
Cortegada, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Oia, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

Tomo VII: GALICIA CENTRAL
Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, San Cristovo de Cea, Dozón, A Estrada, Forcarei, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Tomo VIII: RÍAS BAIXAS
Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Negreira, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Nigrán, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Cerdedo-Cotobade.

Tomo IX: CHAIRAS E FOSAS OCCIDENTAIS
Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

Tomo X: GOLFO ÁRTABRO
Abegondo, Ares, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, A Capela, Carral, Coirós, A Coruña, Culleredo, Fene, Irixoa, Miño, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Paderne, Pontedeume, Sada, Vilarmaior e Oza-Cesuras.

Tomo XI: GALICIA SETENTRIONAL
Cedeira, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, Cariño, Muras, Ourol, O Vicedo e Viveiro.

Tomo XII: A MARIÑA-BAIXO EO
Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro e Burela.

Imaxes relacionadas