A Xunta agradece aos organizadores de Car Outlet a súa predisposición a aprazar o evento en Expourense para facilitar a campaña de vacinación

Ourense, 30 de abril de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense e vicepresidente executivo da Fundación Expourense, Gabriel Alén, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de Acauto (Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense) e de Expourense, entidades encargadas da organización do 3º Car Outlet Ourense, para confirmar o aprazamento do salón do automóbil cuxa celebración estaba prevista no recinto feiral para a fin de semana do 7 ao 9 de maio.

Desde hai unas semanas, Expourense está a ser un dos puntos elixidos polo Sergas para levar a cabo a vacinación masiva dos ourensáns. A confirmación da intensificación desta campaña prevista para os vindeiros días, levou aos organizadores do evento á tomar a decisión do seu aprazamento, para darlle prioridade absoluta á vacinación. Neste sentido, a Xunta de Galicia agradece a predisposición mostrada polos organizadores.
 

Imaxes relacionadas