Política Social participa no obradoiro organizado polo Cermi sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no obradoiro organizado polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), co obxectivo de promover o coñecemento e o cumprimento da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade en España.

O encontro, mantido por videoconferencia, serviu para que as Comunidades Autónomas poidan avaliar as recomendacións da Convención en torno ás políticas sociais nesta materia.

Imaxes relacionadas