O Sergas destina máis de 70.000 euros para actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de Alzhéimer

A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta da Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzhéimer (Fagal), María Isabel Gey Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores destes doentes. Entre os obxectivos deste convenio están a formación continuada dos profesionais que traballan ou colaboran coas asociacións; así como o deseño e desenvolvemento conxunto coas asociacións federadas de programas de formación e coidados das persoas coidadoras.

Son tamén obxectivos do convenio hoxe asinado, a sensibilización social, a información, orientación e asesoramento a familiares e persoas coidadoras; o deseño e desenvolvemento conxunto coas asociacións federadas de programas psicoeducativos; e a difusión de cuestións relacionadas coa atención e o coidado das persoas que padecen unha demencia e as que as coidan.

Para levar a cabo estas iniciativas, o Servizo Galego de Saúde destinará un total de 70.446 euros.

Imaxes relacionadas