A Xunta avanza nos traballos de acondicionamento das zonas verdes da senda da estrada autonómica PO-308 entre Portonovo e A Lanzada, no Concello de Sanxenxo

Os traballos supoñen un investimento autonómico de preto de 95.000 euros e céntranse no acondicionamento dunha banda axardinada deste itinerario peonil

Nestes días están a desenvolverse os traballos de malla e plantando de agapanto

O Concello asumirá ao remate das obras da Xunta o mantemento destas novas zonas axardinadas

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza na execución dos traballos de acondicionamento das zonas verdes iniciados o pasado 14 de abril na senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada, no concello de Sanxenxo.

A Xunta, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas marxes das estradas autonómicas na provincia, está a levar a cabo traballos de axardinamento no itinerario peonil e ciclista deste tramo da vía autonómica.

Estes traballos, que contan cun investimento da Xunta de preto de 95.000 euros, permiten acondicionar a banda axardinada da senda para colocar plantas, concretamente agapanto, de cores branca e azul. Precisamente nestes días estase a comezar os traballos de malla e plantado desta especie.

A actuación inclúe distintos labores, que inclúen a realización de xeito previo do compactado do terreo das zonas axardinadas, o aporte e estendido de terra vexetal e a revexetación por hidrosembra con mestura de sementes herbáceas.

O Concello de Sanxenxo asumirá ao remate das obras da Xunta o mantemento destas novas zonas axardinadas.

Imaxes relacionadas