Sanidade mantén o nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras

No nivel alto de restricións estarán os concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco

As medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.