Gonzalo Trenor realizou unha visita institucional ao Concello de Val do Dubra

O representante do goberno autonómico, a xerente da área sanitaria de Santiago e o alcalde visitaron o centro de saúde para estudar posibles actuacións de mellora no edificio

Val do Dubra, 27 de abril de 2021

O novo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realizou esta mañá unha institucional ao concello de Val do Dubra para entrevistarse co seu alcalde, José Manuel Varela. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio e interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.

Posteriormente desprazáronse ata o centro de saúde do Concello para facer unha visita que contou coa presenza da xerente da área sanitaria da Coruña, Eloina Núñez. No encontro recolleron algunhas propostas de actuación no edificio para mellorar a calidade asistencial que se presta aos veciños.

Imaxes relacionadas