A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-226, no concello de Moraña

O contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 meses

O obxectivo é renovar as beirarrúas entre o punto quilométrico 5+310, na intersección coa estrada PO-221, e o 5+600 da PO-226

Trátase de executar novas beirarrúas para a mellor adaptación á normativa de accesibilidade e de rehabilitar o firme dos carrís de circulación

Incluirase a renovación do mobiliario urbano e da iluminación

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de acondicionamento de beirarrúas na estrada autonómicas PO-226, no concello de Moraña.

O contrato foi adxudicado á empresa In-Cubed Ingeniería, Innovación, Investigación, por importe de máis de 18.000 euros e conta cun prazo de execución de 6 meses.

Trátase de renovar as beirarrúas entre o punto quilométrico 5+310, na intersección coa PO-221, e o 5+600 da estrada PO-226, polo esgotamento da vida útil do pavimento.

Os traballos obxecto deste contrato, de redacción de proxecto, contemplarán a execución de novas beirarrúas, para a mellor adaptación á normativa de accesibilidade, a rehabilitación do firme dos carrís de circulación e o mobiliario urbano e axardinamento.

Tamén deberán incluír a renovación de servizos de abastecemento, saneamento e pluviais, así como o soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicación, e a renovación da iluminación.