Galicia participa no primero obradoiro interautonómico que ten por obxectivo eliminar a hepatite C da saúde pública

As autoridades sanitarias de Galicia e Castela e León porán en común as experiencias implementadas en cadansúa Comunidade para avanzar na consecución do obxectivo fixado pola OMS

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, participa esta tarde no primeiro obradoiro interautonómico que ten por obxectivo avanzar na estratexia de eliminación da hepatite C.

Acompañada polo xefe do servizo de Enfermidades Dixestivas do Complexo Universitario de Pontevedra, Juan Turnes, a xuntanza contribuirá a posta en común das experiencias levadas a cabo nas comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, co ánimo de conseguir o obxectivo fixado pola Organización Mundial da Saúde, para eliminar esta hepatite vírica da saúde Pública.

No obradoiro, a directora xeral de Saúde Pública da Xunta de Castela e León, Carmen Pacheco, e a directora técnica de Hospitais e Programación Asistencial na xerencia rexional de Saúde de Castela e León, Gloria Sánchez, establecerán un diálogo cos responsables sanitarios galegos no que se abordará o reto que supón acadar o obxectivo estratéxico da OMS, analizando as iniciativas que poden facilitar a súa consecución.