Román Rodríguez participa na entrega do Premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo ao escultor Manuel Buciños

Ourense, 24 de abril de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Ourense na entrega do Premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo, que recaeu no escultor Manuel Buciños, a quen o representante da Xunta felicitou tanto polo galardón como pola súa traxectoria ao ser un dos artistas con máis obra nas principais cidades e vilas galegas, que están integradas na paisaxe urbana e tamén na vida dos cidadáns que gozan delas en rúas e prazas a diario.

Trátase dun recoñecemento co que se distingue o traballo do artista na súa defensa e espallamento da lingua e cultura galega. A Fundación Otero Pedrayo -que conta co apoio da Xunta de Galicia para colaborar nas súas actividades- suma así a Manuel Buciños a unha lista que integran nomes tan destacados como Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz, Antón Pulido ou Xosé Neira Vilas, entre outros.

Imaxes relacionadas