Miranda asiste á presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, Iter Sancti Iacobi

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, Iter Sancti Iacobi, no Teatro Principal de Ourense.

Rodríguez Miranda destacou o traballo desenvolvido por Alberto Cacharrón, quen plasma nun libro as cuestións máis interesantes sobre a historia dos diferentes camiños de Santiago, dende o descubrimento da tumba do Apóstolo ata cómo xurdiu a indumentaria tradicional dos peregrinos, as ordes cabaleirescas e o propio significado das cunchas de vieira.

Imaxes relacionadas