A Xunta destinou máis de 460.000€ a 52 restaurantes e cafeterías da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego aportou 11M€ á dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

O programa incluíu anticipos da metade do importe que acada o 80% dos investimentos, ata o máximo de 20.000 euros

Carballo (A Coruña), 22 de abril de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá Dubra Café, un dos establecementos beneficiado pola orde de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a covid-19. Con este plan buscouse asegurar a cobertura do maior número posible de investimentos que están a realizar os establecementos no acondicionamento dos espazos exteriores e na posta en marcha do servizo de vendas a domicilio ou para levar.

Tal e como subliñou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, na comarca de Bergantiños-Costa da Morte concedéronse 52 axudas por un importe de máis de 460.000 euros, dunha convocatoria que cubriu o 80% do investimento. En Galicia o goberno galego aportou 11 millóns de euros para esta orde de axudas.

O programa ofreceu apoios directos a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, sendo a axuda mínima de 1200 euros e máxima de 20.000. Ademais, incluíu a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos gastos realizados.

Entre as características das solicitudes de apoios presentadas, destacou a dimensión dos proxectos de adecuación dos exteriores, xa que unha parte importante dos restaurantes e cafeterías solicitantes acometeron reformas substanciais nesa parte dos seus locais. As axudas facilitadas polo programa puideron destinarse a cubrir os gastos e investimentos realizados para instalar pechamentos estables ou elementos desmontables que sirvan de illamento ou protección, renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparatos calefactores nas terrazas, así como de mellora da fachada exterior dos establecementos.

En canto aos apoios destinados a sufragar os gastos de adquisición de elementos de envasado de comida e bebida para a entrega a domicilio ou a recollida no local, é de salientar a gran cantidade de solicitudes presentadas, o que indica que unha parte relevante dos establecementos hostaleiros da Comunidade incorporaron ou reforzaron este servizo entre as súas actividades.


AXUDAS TERRAZAS-VENDA A DOMICILIO  HOSTELERÍA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

CONCELLO
Beneficiarios
Mobilizado
Mob. Pechamento
Mob. Adecuación
Mob. Envases
Axuda
MUXIA
6
83.778
54.287
25.573
3.918
67.022 €
CEE
5
74.104
37.475
28.629
8.000
59.283 €
DUMBRIA
3
23.492
23.492
   
18.794 €
CORCUBION
1
12.963
11.000
1.963
 
10.371 €
FISTERRA
1
23.792
14.000
7.000
2.792
19.034 €
CARBALLO
13
136.649
84.303
45.650
6.697
109.320 €
LAXE
3
30.858
17.160
9.718
3.980
24.686 €
PONTECESO
2
17.622
10.800
4.380
2.442
14.098 €
CABANA DE BERGANTIÑOS
1
7.000
 
7.000
 
5.600 €
MALPICA DE BERGANTIÑOS
1
8.622
8.031
591
 
6.897 €
VIMIANZO
9
92.332
59.890
19.353
13.089
73.865 €
ZAS
4
33.338
24.806
4.535
3.998
26.671 €
CAMARIÑAS
2
15.870
15.870
   
12.696 €
CERCEDA
1
14.876
12.549
2.327
 
11.901 €
TOTAL
52
       
460.238 €

 

Imaxes relacionadas