A Xunta remata a execución dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, no concello de Ordes
A actuación contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de construción dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, no concello de Ordes.
Esta intervención contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros.
A actuación consistiu na mellora da funcionalidade e da seguridade viaria no treito de 300 metros da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 7+150 e 7+450.
Este tramo da AC-409 contaba con cunetas en ambas as marxes non revestidas e cubertas de vexetación herbácea, polo que agora se dotou de cunetas de seguridade.
Os traballos incluíron a escavación en gabia, a colocación de tubo dren de diámetro 150 mm e o recheo en cuneta con solo seleccionado.
As obras executáronse en terreos de dominio público, polo que non foron necesarias expropiacións.