A Xunta destaca a importancia de divulgar o valor dos recursos naturais e de concienciar sobre o coidado do planeta

Ribeira (A Coruña), 21 de abril de 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Ribeira a necesidade do labor de concienciación para conservar o planeta e a importancia de divulgar o valor dos recursos naturais coma o mar. Nesta liña sinalou que é fundamental o papel da cidadanía no respecto ao medio ambiente e na aposta pola sustentabilidade. Unha cuestión, especificou, máis esencial aínda no mundo do mar.

De aí a importancia de apostar pola cogobernanza e a aportación do sector á boa xestión e ordenación da actividade pesqueira e marisqueira, subliñou. Así o explicou durante os actos de conmemoración do Día Mundial da Terra que organiza hoxe e mañá o Concello de Ribeira e nos que tamén participou a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente, que asinou nun mural dedicado ao seu pai, o divulgador da natureza Félix Rodríguez de la Fuente.
 

Imaxes relacionadas