A Xunta de Galicia vacina a máis de 11.000 persoas do grupo de poboación de entre 60 e 65 anos

Ao redor do 70% das persoas convocadas acudiu a vacinarse contra a covid-19

Nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo, recibiron a primeira dose da vacina 2.331 e 2.164 persoas, respectivamente
 

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2021

A Xunta de Galicia vacinou na xornada de onte contra a covid-19, a 11.286 persoas pertencentes ao grupo poboacional de entre 60 e 65 anos. Así, ao redor do 70% das persoas convocadas para recibir a primeira dose acudiu a súa cita de vacinación.

Dun xeito desagregado, e de acordo aos 14 puntos de vacinación habilitados por Sanidade, nos diferentes distritos sanitarios, na área sanitaria da Coruña e Cee un total de 2.331 persoas foron vacinadas coa primeira das doses da vacina; 848 na área sanitaria de Ferrol; 1.964 na área sanitaria de Santiago-Barbanza; 1.191 na área de Pontevedra-O Salnés; 2.164 na área de Vigo; 1.321 na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 1.467 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Na xornada de hoxe continúan as vacinacións en grandes recintos

Imaxes relacionadas