A Xunta traslada os piares do novo modelo residencial nun foro europeo organizado pola European Social Network

Destacou a importancia que xoga a dispersión da poboación, un factor diferencial da xeografía galega

As propostas do Goberno galego van en liña coa estratexia dos socios comunitarios
 

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2021

A Consellería de Política Social trasladou os piares do novo modelo residencial nun foro europeo organizado pola European Social Network (ESN). Desde o Goberno galego achegáronse medidas que atenden á dispersión da poboación, un factor diferencial e propio da xeografía galega.

As propostas da Xunta van en liña coa estratexia do resto de socios comunitarios. Neste sentido, a nosa comunidade xa ten avanzado en medidas como: a creación dunha nova dirección xeral centrada no ámbito sociosanitario ou a implantación da tecnoloxía dixital seguindo o modelo da Historia Social Única (HSU).

Os representantes da Consellería que participaron nesta charla sinalaron que entre os obxectivos deste novo modelo está unha maior coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e a aposta pola tecnoloxía. Un proxecto no que xa está a traballar o comité asesor sociosanitario creado nos últimos meses polo Goberno galego e no que participan persoas de todos os ámbitos implicados.
 

Imaxes relacionadas