Extinguido o conato de lume forestal rexistrado no Concello ourensán de Rubiá que afectou o parque natural da Enciña da Lastra

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 0,01 hectáreas

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido o conato de lume forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Biorra, que afectou o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Este conato de incendio comezou ás 19,00 h. desta tarde e quedou extinguido ás 20,56 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 0,01 hectáreas de arborado. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Departamento:
C. do Medio Rural